O Camiño Inglés

Novas e curiosidades

Month: Xuño 2021

Primavera no Camiño Inglés
Ferrol acollerá a cuarta edición de Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa de promoción da gastronomía e a cultura dos municipios polos que pasa esta ruta xacobea

A praza de Armas de Ferrol acollerá a cuarta edición de Primavera no Camiño Inglés este sábado 19 de xuño. Trátase dunha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña. O seu obxectivo é poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos dos municipios polos que pasa desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.