Nota de prensa

A Asociación cambia de conta de Instagram

NovoInstagramCamiñoInglés

Estimados/as amigos/as


A Asociación de Concellos do Camiño Inglés comunica que, debido a problemas alleos á asociación, a conta de Instagram @caminoinglesoficial deixa de ser a conta oficial da entidade


A partir de agora, a nova conta de Instagram da Asociación de Concellos do Camiño Inglés será @camino_ingles_oficial. Desde este novo perfil, seguiremos comunicando e transmitindo os valores, paisaxes e noticias do Camiño Inglés e da propia Asociación.


Pregamos a máxima difusión desta información para que as persoas que o desexen poidan seguirnos nesta nova conta de Instagram.


Un saúdo,


Asociación de Concellos do Camiño Inglés