Consellos

A nosa experiencia incrible no Camiño Inglés

Bos días!

Somos dúas estudantes da Universidade de Newcastle no Reino Unido e tras participar na iniciativa chamada ‘The Real Translation Project’, tivemos moitísima sorte de ser seleccionadas para viaxar a Galicia e experimentar o Camiño Inglés de primeira man. Apaixonámonos con aprender o español e aínda que non fose a primeira vez que visitamos este país fermoso, esta viaxe permitiunos velo desde outra perspectiva. Naturalmente, aprendemos moito sobre a cultura, a gastronomía e as tradicións da rexión, pero ademais diso tivemos a oportunidade de practicar o noso español con nativos. Neste blog, gustaríanos falar un pouco sobre os momentos destacables da noso viaxe.  

Os pobos preciosos

Como probablemente xa sabedes, a ruta do Camiño Inglés pasa por algúns sitios preciosos. Os que visitamos nós foi: Ferrol, Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Sigüeiro e por suposto Santiago de Compostela. Incluso co mal tempo, de todas formas, estes lugares impresionáronos coas súas rúa estreitas e xente amigable. Un sitio que particularmente destacou para nós é Pontedeume. É un pobo moi pequeno con vistas ao río Eume que se pode cruzar para chegar a Cabanas, outra comunidade fermosa. En comparación coas cidades buliciosas, que son os típicos destinos turísticos, a tranquilidade e ea autenticidade de Pontedeume realmente nos atraxeron. Dito isto, a atmosfera animada de alegría e alivio que existe na Praza do Obradoiro de Santiago é algo igualmente impresionante.

O Camiño Inglés

A verdade é que non sabiamos case nada do Camiño Inglés antes de involucrarnos na iniciativa de ‘The Real Translation Project’. Sabiamos que existía a peregrinación cara Santiago, pero non eramos conscientes da variedade de camiños diferentes para chegar alí nin da súa importancia relixiosa. Coñecer e falar cos peregrinos durante a semana que estivemos alí foi algo excepcional porque compartían as súas experiencias connosco para que puideramos entender o que significa o camiño.

A gastronomía

Naturalmente xa probaramos varios pratos típicos de España ao longo dos anos, pero o que nunca probaramos foi o polbo. Comer polbo en Inglaterra é algo moi raro pero, como din, onde foras, fai o que viras. Claro que ten un sabor e unha textura singular, pero de todas formas gustounos. Ademais do polbo, comemos un montón de pratos riquísimos durante a semana grazas á Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Gústanos a gastronomía de España en xeral, pero especialmente das rexións coñecidas polo seu marisco, como Galicia.

Santiago de Compostela

Naturalmente puidemos ter escrito sobre Santiago baixo ‘os pobos preciosos’ pero hai tanto para dicir que pensamos que merece o seu propio parágrafo. Primeiro, os edificios antigos situados polas rúas estreitas do casco histórico son asombrosos. Pasar por esas rúas encantadoras é como dar un paso atrás no tempo – algo moi especial. Segundo, como xa mencionamos, a atmosfera na praza diante da catedral é indescriptible porque independentemente de se fixestes o camiño ou non, todo o mundo desfruta da alegría dos peregrinos. E terceiro, as procesións da Semana Santa. Fomos moi afortunadas de estar en Santiago durante esta semana tan importante xa que tivemos a oportunidade de presenciar unhas procesións relixiosas. Seguro que estas procesións son impresionantes en cada comunidade española, pero velas en Santiago que é coñecido en todas partes pola relixión, foi unha verdadeira honra.

E xa está! Por suposto, gustaríanos agradecerlle á Asociación, pero tamén a todos os peregrinos que nos axudaron a entender un pouco máis sobre o Camiño Inglés. Sen dúbida volveremos a Galicia moi pronto!

Olivia e Erisa