A Xunta incrementa o aforo dos albergues ao 50%

A Xunta incrementa o aforo dos albergues ao 50% para acoller a mais peregrinos en lugar do anterior 30% e comprométese a mellorar a seguridade dos peregrinos que fan o Camiño, incluindo os albergues do Camiño Inglés 

Esta nova normativa entrou en vigor esta medianoite pasada e aplícase tanto os albergues da rede pública como os privados. 

Ante a problemática da alta demanda por parte dos peregrinos sobre todo en puntos concretos (Neda ou Bruma no caso do Camiño Inglés) a Xunta incrementou a porcentaxe de aforo ocupado dos albergues tras dunha reunion que mantiveron representantes do goberno galego con representantes do sector na que fixeron unha avaliación da situación actual polo progresivo incremento de peregrinos -a día 19 de Xullo eran 79.145 as Compostelas seladas no que vai de ano-, e concretaron o protocolo a seguir ante a nova situación e ante a posibilidade de seguir incrementando a capacidade dos albergues se a evolución epidemiolóxica segue a ser favorable.

Unha proba piloto nos establecementos permitirá elaborar un manual de boas practicas na ventilación para seguir aumentando a ocupación se a situación segue mellorando.

Oito albergues de diferentes rutas do Camiño participarán nunha proba piloto que permitirá elaborar un manual de boas prácticas, co uso de medidores de CO2 e outras medidas que garantan unha correcta ventilación. Estas medidas sumaranse ás que xa están vixentes nos albergues, que contan cun protocolo de actuación ante a covid para dar seguridade tanto aos peregrinos como aos albergueiros.

Dende a Asociación de Concellos do Camiño Inglés saudamos esta boa nova de que a Xunta incrementa o aforo dos albergues ao 50% despois dos rogos e comentarios que nos fan chegar os peregrinos do Camiño Inglés pola inquedanza de non ter posibilidade de aloxamento en certos puntos con menos prazas de aloxamento no Camiño.  

Se precisades contactar connosco podedes facelo no enderezo de correo electrónico info@caminoingles.gal ou por medio do formulario de contacto.

Escribe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *