Terceira etapa desde Ferrol

Albergue Río Mandeo

Albergue Río Mandeo

O Albergue-Hostel Río Mandeo é un moderno albergue que dispón de todas as instalacións e servizos necesarios para unha cómoda estancia: cociña equipada, sala común, Wi-Fi gratuita, lavadora, secadora e moito máis.

Dispón de 6 habitacións, 2 delas compartidas de 8 camas e de 12 camas mixtas, 3 habitacións privadas con baño privado para 3 e 4 persoas e unha de 2 literas privada para 4 persoas. Resulta así unha opción ideal tanto para grupos de amigos que desexen aloxarse xuntos, como para persoas que viaxen en solitario.