¿Ónde durmir?

Aloxamentos no Camiño Inglés

Entre etapa e etapa do Camiño Inglés e preciso que descanses ben para que a tua ruta sexa o máis agradable posible.

Seminario mayor santiago de compostela
Alóxate en
Albergues

Aloxamentos en albergues onde podes escoller entre aloxarte na Rede Pública de Albergues do Xacobeo, algúns municipais como o de Presedo ou o de Pontedeume, e tamén albegues privados. Para reservar na Rede pública de albergues aquí tes o enlace: www.alberguesxacobeo.gal. Para o resto de Albergues podes atopar a información no mapa situado máis abaixo.

hoteles camino de santiago
Alóxate en
Hoteis

Aloxamentos que achegan un descanso perfecto, durmir en habitación privada, baño privado, etc… Moitos peregrinos elixen esta opción para reparar as forzas polo cansazo acumulado. Podes consultar os existentes no mapa.

Casas rurales camino inglés
Alóxate en
Casas rurais

Esta opción sen dúbida levarache a gozar do Camiño Inglés. Poderás durmir en confortables aloxamentos rurais moi preto do Camiño, coidados pazos, reitorais ou casas de labranza. Gozarás cada experiencia. Podes consultar os existentes no mapa.

apartamentos turisticos camino de santiago inglés
Alóxate en
Pensións e apartamentos

Se o que buscas é poder descansar, pero ao mesmo tempo estar situado en pleno corazón dalgunha das etapas e así poder gozar dos seus centros históricos e principais atractivos, este tipo de aloxamentos son sen dúbida a túa opción ideal. Podes consultar os existentes no mapa.

Onde durmir?

Aloxamentos no Camiño Inglés

Inicio de ruta. Fin de ruta Albergues públicos Albergues privados Outros establecementos Puntos de información turística Aeropuertos Autobuses Trenes

Rede Stelar

Excelencia no Camiño Inglés

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, promove a Creación dunha Rede de Establecementos turísticos, inicialmente restauración e aloxamentos, que aposten pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino. Dita Rede Stelar cumprirán unha serie de requisitos relacionados coa calidade, a sustentabilidade, a prevención da Covid-19 e o uso e emprego de produtos agroalimentarios e pesqueiros quilómetro cero.

Máis

Outras opcións de aloxamento

Ao longo do Camiño Inglés podes atopar á túa disposición unha ampla oferta de aloxamentos para descansar durante a túa viaxe.
A continuación tamén che mostramos a lista completa da web oficial da Xunta de Galicia para que poidas localizar propostas concretas.