Stelar - Excelencia no Camiño Inglés
Terceira etapa desde Ferrol

Bemar do Camiño

Bemar do Camiño

Bemar do Camiño conta con cinco habitacións dobres (unha delas completamente adaptada para personas con mobilidade reducida) deseñadas cunha temática mariñeira que evoca o espírito do Golfo Ártabro. Cada habitación dispón de baño privado, televisión, acceso a internet e climatización.

Ademais, os hóspedes poden acceder a un amplo salón onde relaxarse tras un día explorando as paisaxes de Paderne, así como a un comedor privado onde desfrutar de menús exclusivos.