Boyne Valley Camino

Louth – 25 km, Drogheda, circular

Comezando na impresionante Igrexa de San Pedro na cidade medieval de Drogheda, o Boyne Valley Camino é unha viaxe a través da historia. A ruta comeza ao lado do río e xunto a bosques en Belnumber e Townley Hall e continúa por tranquilos camiños rurais, xunto a canles e campos verdes ata Old Mellifont Abbey.

O camiño segue xunto ao lexendario río Boyne, onde tivo lugar a Batalla do Boyne de 1690 entre protestantes e católicos e fogar da mítica deusa Boann que, segundo a lenda, deu orixe ao río. A abadía de Mellifont foi o primeiro mosteiro cistercense de Irlanda e construíuse en 1142. É aquí, a beiras do río Boyne, onde Amergin e Colphta desembarcaron da súa viaxe dende Galicia. Estes descendentes de Breogán eran coñecidos como milesios e son coñecidos coma os ancestros da poboación celta de Irlanda.

Foto: Oldbridge House, Battle of the Boyne Visitor Centre, Drogheda - Turismo de Irlanda

Na época medieval, os peregrinos percorrían longas distancias ata Drogheda dende todo o noreste e o centro de Irlanda antes de embarcarse ata A Coruña no seu camiño a Santiago de Compostela. Existía un albergue que atendía aos peregrinos brindándolles acubillo e descanso mentres esperaban as naves.