Bray Coastal Camino

Wicklow / Dublin - 32 km, desde Bray a Dublin

Esta ruta comeza no paseo marítimo de Bray e finaliza na igrexa de St James, en James Street, no corazón de Dublín, onde a Camino Society ten a súa oficina. Discorre por un espectacular camiño pola costa que ofrece magníficas vistas e interesantes lugares que visitar. Entre eles destacan Killiney Beach, Dalkey Village cos seus dous portos e a Terraza Sorrento, a torre e museo de James en Sandycove, Dún Laoghaire coa súa Victoria Fountain, Blackrock’s Martello Towers, Diving Bell e o Famine memorial en Liffey Quays, así como a catedral de Christ Church.

Foto: Christ Church Cathedral - Turismo de Irlanda

A ruta inclúe a porta dedicada a St James en Dublín, pola que pasaban os peregrinos que partían cara a Santiago de Compostela e que estaba situada non lonxe do hospital fundado polo bispo da cidade ás beiras do río Liffey. Aínda que a porta medieval foi derrubada no século XVIII, a actual conduce á emblemática fábrica de Guinness e conserva o seu nome orixinal en recordo da súa historia. En esta porta os peregrinos poden hoxe en día selar os seus pasaportes antes de continuar ata a igrexa de St James e obter o selo final desta ruta e a Compostela do Camiño Celta.