O Camiño Inglés

Novas e curiosidades

Categoría: Información xeral

Lolo Mosteiro e Paula Martínez elaboran un modelo de “Menú Stelar” con produto de proximidade e de temporada

As instalacións do restaurante A Artesa da Moza Crecha (Betanzos) acolleron a derradeira sesión do “Curso de formación en Restauración”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña para os establecementos da Rede Stelar que dan servizo de comida aos peregrinos. Unha formación impartida por Lolo Mosteiro e Paula Martínez na que se elaborou un modelo de Menú Stelar con produto de proximidade e produto de temporada.

A Rede Stelar do Camiño Inglés avanza na elaboración dun “Menú Stelar” para o peregrino baseado en produtos locais e de calidade

As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron a primeira sesión do “Curso de formación en Restauración”, unha iniciativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que dan servizo de comida aos peregrinos. A formación está sendo impartida por Lolo Mosteiro e Paula Martínez, propietarios dun dos restaurantes da Rede Stelar: “A Artesa da Moza Crecha” (Betanzos).

Asociación e Deputación asinan un convenio para investir máis de 473.000 euros na mellora e posta en valor do Camiño Inglés

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que o organismo provincial destinará 342.414,54 euros a sufragar o 72,37% do orzamento total dun proxecto que contempla actuacións de mellora e posta en valor desta ruta xacobea. Un investimento que ascende a un total de 473.131,80 euros.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés imparte o primeiro curso da Rede Stelar, que busca mellorar o servizo de aloxamento que se presta aos peregrinos

As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron esta mañá a sesión teórica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que prestan servizo de aloxamento aos peregrinos.

Unha proposta pouco razoada de eliminar os albergues públicos

O presidente dos empresarios de Arousa, José Luis Vilanova, dixo dúas cousas: unha que resulta difícil non asinar e outra que entra no terreo da incomprensión. Da súa. A primeira é que o turismo no Salnés debe ser de calidade, buscando a excelencia. A segunda, que hai que pechar todos os albergues públicos do Camiño de Santiago.

Nava Castro e Manuel Mirás inauguran oficialmente o proxecto “O Camiño Inglés na Escola”

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inauguraron oficialmente este mediodía o proxecto “O Camiño Inglés na escola”, un proxecto educativo que pretende sensibilizar e difundir os valores xacobeos entre os nenos e nenas de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta de peregrinación. Unha presentación que tivo lugar diante dunha vintena de nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro (Oroso).