O camiño Inglés

Planificación

Planificar a túa ruta para facer o Camiño de Santiago é moi sinxelo, pero hai certas cousas que debes ter en conta. Que traxecto vas a escoller? Cantos quilómetros queres ou podes facer cada día? Que levar na túa mochila? Onde podes durmir? Cantos cartos precisas? Como podes conseguir a Compostela?

Scroll

Como planificar o Camiño Inglés?

A ruta máis longa, dende Ferrol son 113km e dende A Coruña son 73,7km. Se estimamos unha media de 20-25km por día, podemos facer unha aproximación do tempo que precisamos para facer o Camiño Inglés.
Pero todos sabemos que as distancias nos camiños non son exactas e dependen das nosas condicións e dos servizos nas etapas. Así é que o Camiño Inglés na súa variante máis longa, a que parte de Ferrol, consta de 5-6 etapas e a que sae da Coruña consta de 3-4 etapas, agás que queiramos facelo amodiño para gozar máis da contorna.

Con respecto á variante desde A Coruña, hai peregrinas e peregrinos que deciden facer unha única etapa A Coruña → Hospital de Bruma (33 km), outros que deciden facer A Coruña  Sergude e logo Sergude  Poulo (uns 20 km aproximadamente). As opcións son múltiples, xa que existen albergues públicos en todas estas poboacións, así como tamén aloxamento privado nalgún dos casos.

O Camiño Inglés é un itinerario que se pode facer en calquera época do ano. A temperatura no verán é agradable e a calor non soe ser tan elevada como para que nos impida chegar ao final da nosa etapa.

O Camiño Inglés non ten problemas de masificación de peregrinos e polo tanto é un punto moi favorable a ter en conta.

O importante é vivir a experiencia de facer o Camiño Inglés a Santiago. Por iso, a época que elixas estará ben. Só debes prepararte de acordo ás características da estación do ano na que desexes peregrinar. Como planificar o Camiño Inglés é facil en calquer momento do ano.

O Camiño Inglés comeza na costa a nivel do mar e vai subindo cara ao interior sen superar os 500 metros de altitude. Iso fai que a temperatura non sexa extrema nin no inverno nin no verán, só debemos ter coidado de equiparnos axeitadamente para os días de choiva.

A roupa que debemos traer ao Camiño Inglés é a que levarías a outro Camiño de Santiago. Non esquezas engadir un chuvasqueiro lixeiro e se ves que ameaza choiva na época na que viaxes, podes sumarlle un protector para a mochila. No apartado de roupa e equipo afondamos máis sobre como planificar o Camiño Inglés neste senso.

En todas as etapas contas con servizos de comidas en restaurantes e cafeterías. Na actualidade, debido á Covid-19, non é posible empregar as cociñas dos albergues públicos pero existe a suficiente oferta gastronómica nos establecementos de hostalería.
Se queres podes incluír froitos secos, froita deshidratada, barriñas de cereais… e unha botella de auga, a ser posible reutilizable. Coidemos do medio ambiente!

O Camiño Inglés conta con aloxamentos de varias tipoloxías para peregrinas e peregrinos: albergues públicos e privados, hostais, pensións e hoteis de diferentes categorías.

Podes recoller a credencial en:

FERROL:

  • Concatedral de San Xulián na rúa Igrexa, 104. Horario de apertura: cada día de 10:30 a 13:00 e de 18:00 a 20:00. 
  • Sede do Bispado, na rúa Miramar. Horario de apertura: de luns a venres de 9:00 a 13:00. 
  • Oficina de Turismo e Atención ao Peregrino, no paseo da Mariña, s/n.

Horario de apertura

– Do 2 de xaneiro ata abril incluído (excepto Semana Santa) e do 15 de outubro ao 31 de decembro (excepto o 25/12): tódolos días de 9:00 a 12:00 e de 16.00 a 18:00.

– Semana Santa, xullo, agosto e do 1 ao 13 de setembro: tódolos días de 8:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30. En Semana Santa tamén de 14:00 a 17:00.

– Maio, xuño e do 14 de setembro ao 14 de outubro: tódolos días de 8:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 ( do 14/09 ao 14/10 ata as 18:30)

A CORUÑA:
Na Coruña podes recollela na Igrexa de Santiago, na “Cidade Vella”. Horario de apertura: de martes a xoves en horario de 10:45 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.

Oficinas de Turismo da praza María Pita. Horario de apertura: de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Domingos e festivos de 10:00 a 15:00.

Centro de Interpretación e Atención a visitantes da Torre de Hércules. Horario de apertura: todos os días de outubro a maio de 10:00 a 18:00 e de xuño a setembro de 10.00 a 21.00.

Tamén se pode solicitar a credencial nas diferentes Asociacións de Amigos do Camiño.

Son numerosas as festas, celebracións e lugares fantásticos para visitar no Camiño Inglés, por iso desde aquí mostrámosche os máis destacados. Como planificar o Camiño Inglés tamén a través das nosas festas.

Segue e respecta os sinais do Camiño, marcha sempre por onde che indiquen, non deixes as túas pertenzas descoidadas e dá a coñecer o teu plan de etapa… En xeral é un percorrido seguro, tanto a nivel de seguridade persoal como de seguridade sanitaria.

A continuación poderás atopar a forma de chegar aos puntos de partida ou destino do Camiño Inglés que mellor se adapten ás túas necesidades.

Cando esteas no Camiño Inglés ou antes de saír, podes ampliar calquera tipo de información acudindo ou chamando aos puntos de información turística que atoparás ao longo da ruta.

Resolve esas pequenas dúbidas que todos e todas temos antes de empezar unha viaxe deste tipo.