Concello de

A Coruña

A Coruña ten moito que ensinar e moito que descubrir, mesmo para os que aquí vivimos.

Scroll

O concello de A Coruña e unha cidade acolledora, aberta ao mar inmediato e ao espírito viaxeiro. Somos atlánticos, gústanos compartir, recibir, coñecer e amosar os nosos tesouros culturais, patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos. E gústanos a diversidade, a pluralidade e a igualdade de oportunidades para gozar da vida, das viaxes e da xente que coñecemos no camiño. A Coruña ten moito que ensinar ao viaxeiro e moito que descubrir, mesmo para os que aquí vivimos.

A Coruña situada na costa noroeste de España, é un importante porto comercial no océano Atlántico. O centro da cidade esténdese sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo con dúas fachadas marítimas: a portuaria, cara á ría da Coruña, e outra a mar aberto sobre a que se estenden as principais praias, Riazor e Orzán.

Busca o teu lugar entre as súas 5 praias para relaxarche, bañarche ou practicar deportes náuticos como o surf ou a vela. Percorre o Paseo Marítimo máis longo de Europa, cos seus máis de 13 km, mentres gozas da paisaxe e dos encantos que ofrece a cidade: o porto, os seus monumentos, o faro, as praias… todo a través dun paseo con esencia atlántica.

Mapa

Como chegar a A Coruña

Concello da Coruña:

Turismo da Coruña:

Estación de autobuses:

  • C/ Caballeros, s/n
  • +34 981 184 335

Estación de ferrocarril:

  • Avenida Joaquín Planells Riera, s/n.
  • +34 902 432 343