Concello de

Abegondo

Terra entre ríos —Mero, Barcés e Gobia—, é un concello enmarcado dentro da comarca de “As Mariñas dos Frades”

Scroll

O Concello de Abegondo (do visigodo ‘abe’ e ‘gondo’, que significan auga e terra), está enmarcado dentro da comarca natural de “As Mariñas dos Frades” (Culleredo, Cambre e Abegondo), no que a existencia de varios pazos e castros indica a relevancia que tivo ao longo da historia, destacando o Castro de Meangos no que se atopa a igrexa de Santiago de Meangos.

Na antiga división territorial de Galicia, a maior parte das 19 parroquias do Concello de Abegondo pertencían á provincia de Betanzos; constituíndose desde 1835 como concello independente, xa formado coa mesma división territorial de parroquias que a actual.

Abegondo ten un rico patrimonio arquitectónico: as súas terras acollen construcións sobranceiras como as Torres de San Tirso de Mabegondo, ou a casa situada en Sarandós onde estivo Felipe II de camiño á Coruña, e onde embarcaría cara a Inglaterra para contraer matrimonio con María Tudor.

Mapa

Como chegar a Abegondo

Concello de Abegondo:

Turismo de Abegondo: