Concello de

Betanzos

Foi unha das cidades medievais mais importantes de Galicia e conta cun abundante patrimonio que reflexa a súa rica en variada historia.

Scroll

O Concello de Betanzos está no centro do golfo Ártabro da provincia da Coruña. É capital de comarca e conta con 8 parroquias: Bravío, Piadela, Pontellas, Requián, Santa María, Santiago, Tiobre e Viñas.

O Centro histórico foi declarado conxunto histórico-artístico en 1970 e trátase dunha das cidades medievais máis importantes de Galicia, proba diso é que foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia.

Cidade (desde 1465) conta cun abundante patrimonio que reflicte a súa rica e variada historia, así como tres ríos que bañan o seu territorio: Mandeo, Mendo e Mero, que xunto á ría de Betanzos conforman unha paisaxe digna de coñecer.

Festas, tradicións e gastronomía fan que calquera visita a Betanzos sexa sempre algo diferente. Ademais de pasear e descubrir todo o patrimonio cultural e natural que ten Betanzos, a hospitalidade da súa xente deixará unha agradable pegada nos visitantes.

Mapa

Como chegar a Betanzos

Concello de Betanzos:

Turismo de Betanzos:

Parada de autobuses:

  • Praza Irmáns García Naveira, 35

Estación de ferrocarril:

  • Rúa Arxentina, S/N
  • Camiño Real da Infesta, S/N