Concello de

Cabanas

Distinguese polas súas praias, acantilados, marismas e polo Parque Natural das Fragas do Eume, que é o bosque atlántico costeiro mais importante que se conserva en Europa.

Scroll

O Concello de Cabanas está situado ao nordeste da provincia da Coruña. Enmárcase na comarca do Eume, e limita ao norte e ao oeste co Concello de Fene, ao leste co Concello da Capela e ao sur coa ría de Ares e os concellos de Pontedeume e Monfero.

Conta con sete parroquias, nas que se distribúe a súa poboación: Regoela, Salto, Laraxe, Porto, Cabanas, Soaserra e Irís.

Na parte sur do concello a paisaxe, de oeste a leste, distínguese polas praias (a da Madalena), cantís e a marisma nas parroquias de San Martiño de Porto e Cabanas, e o val do río Eume, máis amplo na parroquia de Irís e angosto en Soaserra, onde forma parte do canón do Eume.

No leste aparecen as elevacións da serra, que serven de límite orográfico co Concello da Capela, onde se atopan as maiores altitudes do concello, sendo o Pico da Aguia, con 474 metros, o máis alto.

A xoia da coroa é o Parque Natural das Fragas do Eume, que  é o bosque atlántico costeiro máis importante que se conserva en Europa e onde aínda existen un gran número de especies autóctonas. Unha visita para gozar da natureza no seu máximo esplendor.

Mapa

Como chegar a Cabanas

Concello de Cabanas:

Turismo de Cabanas:

Parada de taxis:

  • Calle Areal, S/N
  • +34 981 430 697

Estación de ferrocarril:

  • Travesia do areal, S/N
  • +34 912 320 320