Concello de

Fene

Situado na comarca de Ferrolterra, neste concello poderemos atopar lugares naturais de enorme beleza.

Scroll

O concello de Fene é un municipio situado no noroeste de Galicia, integrado na comarca coruñesa de Ferrolterra que, á súa vez, forma parte do golfo Ártabro coas Mariñas e A Coruña. En Fene podemos atopar lugares naturais de enorme beleza, nos que gozar das augas das rías de Ferrol e Ares ou do bosque atlántico nas Fragas do río Belelle.

O concello limita ao norte co municipio de Neda, ao sur cos de Cabanas, Ares e a súa ría. Na parte oriental limita co da Capela e na parte occidental limita co de Mugardos e coa ría de Ferrol. O seu territorio divídese en oito parroquias: Barallobre, Fene, Limodre, Magalofes, Maniños, Perlío, San Valentín e Sillobre.

Os primeiros restos da cultura material das comunidades prehistóricas que se coñecen no Concello de Fene son instrumentos líticos, datados no Paleolítico Medio, que se atoparon na zona litoral da parroquia de Maniños.

Outra pegada importante vén dada pola emigración a América que tivo un grande impacto na comarca, feito que se reflicte nas numerosas construcións indianas existentes polas distintas parroquias do concello.

Mapa

Como chegar a Fene

Concello de Fene:

Turismo de Fene:

Estación de ferrocarril:

  • Rúa Antonia Montero, 4