Concello de

Ferrol

Cidade marcada pola Ilustración, nace como verdadeiro núcleo urbano a mediados do século XVIII e goza dunha ría especialmente protexida da costa.

Scroll

A cidade de Ferrol que coñecemos hoxe, nace como verdadeiro núcleo urbano a mediados do século XVIII, na centuria dominada polo espírito da Ilustración. É indiscutible que esta cidade tivo unha histórica dependencia do sector naval, do sector público e do militar, xa que foi creada por unha R.O. de 1726 como base naval destinada a controlar os intereses marítimos de España.

Ata ese momento, a poboación orixinal estaba asentada no espazo que hoxe ocupa o barrio de Ferrol Vello, nun porto ao abeiro dunha ría especialmente protexida da costa. Esta situación xeográfica logo sería determinante na elección deste lugar como idóneo para o asentamento das factorías navais que posibilitarían o seu desenvolvemento posterior.

O Ferrol da Ilustración (a cidade do Arsenal á beira da que se articula todo este territorio marcado pola pegada dos Andrade e unha das portas de entrada do Camiño Inglés a Santiago) ou o castelo de Moeche (protagonista do acontecemento histórico da Revolta dos Irmandiños) conforman a carta de presentación destas terras. Pero o norte da provincia da Coruña constitúe un territorio excepcional onde o visitante poderá gozar de espectaculares areais, de vilas pintorescas que conservan a esencia da Galicia máis pura, dunha gastronomía privilexiada e duns espazos naturais únicos. O punto máis setentrional da Península Ibérica (Estaca de Bares), a lagoa da Frouxeira que é visitada cada ano por miles de aves migratorias, os cantís da Serra da Capelada de ata 600 metros en vertical sobre o mar, o santuario de San Andrés de Teixido (onde “terá que ir de morto o que non foi de vivo”) son enormes segredos que agardan ser descubertos polo viaxeiro.

Mapa

Como chegar a Ferrol

Concello de Ferrol:

Turismo de Ferrol:

Estación de Autobuses:

  • Paseo Estación, S/N

Estación de ferrocarril:

  • Avenida de Compostela, S/N
  • +34 912 432 343