Concello de

Miño

Este concello converteuse nun dos centros de veraneo máis importantes das Rías Altas e acolle a milleiros de visitantes tódolos anos.

Scroll

Municipio costeiro situado na ría de Betanzos, nas chamadas “Mariñas Coruñesas”, que dende o ano 2000 recibe o nome de “Municipio Turístico”, galardón concedido pola Xunta de Galicia. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con de Vilarmaior e ao sur con Paderne e Irixoa. A súa localización privilexiada convérteo nun dos centros turísticos de verán máis importantes das Rías Altas e está moi preto de lugares importantes da provincia, de tal xeito que por estrada A Coruña e Ferrol están a 20 minutos; Betanzos, Pontedeume e Sada a 10 minutos, e Santiago de Compostela a 45 minutos.

Miño está formado por oito parroquias: Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova.

Situado na ría de Betanzos, o Concello de Miño ten fermosos lugares naturais como a costa que forma a praia Grande e a ampla marisma situada na desembocadura do río Baxoi. A Alameda, a praia da Ribeira e as magníficas praias de Perbes tamén son paradas obrigatorias.

Neste litoral atópase un interesante exemplo da cultura castrexa: o Castro de Loios. Da Idade Media hai dúas pontes sobre os ríos Lambre e Vixoi, construídas por Fernán Pérez de Andrade no século XIV. Son dúas das sete famosas pontes que facilitaban o paso polos seus dominios. Na desembocadura do río Lambre temos a ponte reconstruída en 1862 pola raíña Isabel II. Ten tres arcos de cadeirado. No primeiro arco, a cabeza do xabaril, símbolo da familia Andrade. Hai unha fermosa lenda sobre o río e o porco bravo que fala dun amor imposible e xestas como proba dese amor.

Mapa

Como chegar a Miño

Concello de Miño:

Turismo de Miño:

Estación de ferrocarril:

  • Estrada da Praia, 34
  • Calle A Cruz, 20, Perbes