Concello de

Ordes

Paisaxe constituída por pequenas aldeas repartidas sobre un territorio bañado por unha gran cantidade de ríos e regatos.

Scroll

O termo municipal de Ordes sitúase na zona centro da provincia da Coruña, lindando ao norte con Cerceda e Carral, ao leste con Mesía, Abegondo e Frades, ao sur con Oroso, e ao oeste con Tordoia.

O Concello de Ordes é bañado por unha gran cantidade de ríos e regatos. A maior  parte do territorio pertence á cunca do río Lengüelle, que discorre, antes de unirse co río Tambre, polo límite occidental co municipio de Tordoia; o seu afluente máis importante é o río Cabrón, que cruza case todo o concello de norte a sur; á súa vez, os seus afluentes máis importantes son os regos Cestaños, da Fraga e do Pequeno. Do mesmo xeito, polo límite oriental cos concellos de Mesía e Frades discorre o río Samo, tamén afluente do río Tambre, sendo o seu afluente máis importante o rego Buxán.

Ao noroeste do termo municipal localízanse dous encoros, Vilasenín e Vilagudín, situados no límite con Cerceda.

Mapa

Como chegar a Ordes

Concello de Ordes:

Turismo de Ordes:

Estación de ferrocarril:

  • Lugar Fosado, 28