The Camino Inglés

Newsletter and Press release

Month: July 2021

Rede Stelar
A Rede Stelar do Camiño Inglés bota a andar con 30 establecementos turísticos que apostan pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, promove a creación da Rede Stelar: unha rede de establecementos turísticos que apostan pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino. Unha rede que hoxe bota a andar oficialmente despois da entrega das placas identificativas aos 30 primeiros locais, inicialmente restauración e aloxamentos.