Press release

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés estreita lazos entre as catedrais de Durham e Santiago

Mirás Deán

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, mantivo unha xuntanza co Deán da Cathedral in Santiago, D. José Fernández Lago. Unha reunión para estreitar lazos entre as catedrais de Durham e de Compostela, principio e final do Camiño Inglés. Este encontro ten lugar antes da viaxe dunha delegación da Asociación de Concellos do Camiño Inglés a Inglaterra.

Manuel Mirás explica que “o motivo da xuntanza foi o de ver a posibilidade de estreitar lazos de comunicación e amizade entre as persoas responsables da Catedral de Santiago e os seus homólogos da Catedral de Durham, emprazada no Condado inglés de Durham xa que para a nosa asociación sería moi interesante que houbera unha boa relación entre o que é a orixe do Camiño Inglés na Inglaterra e o final de todas as rutas Xacobeas”.

Así mesmo, o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés plantexoulle ao Deán da Catedral de Santiago dúas problemáticas detectadas polas entidades locais. “Temos un problema á hora de aloxar grandes grupos que teñen planeado facer o Camiño Inglés co gallo do Ano Santo 2022 e da Peregrinación Europea Xuvenil”, indicou Mirás Franqueira. Por outra banda, tamén solicitou que se estude a posibilidade de manter abertas as igrexas que se atopan no percorrido do Camiño Inglés. O obxectivo é que estes templos poidan ser visitados polos peregrinos.