TIPS

Cando facer o Camiño Inglés? Outono e inverno

CaminoIngles

Cando facer o Camiño Inglés é unha das moitas preguntas que se fan os peregrinos e peregrinas á hora de comezar esta fantástica aventura. O Camiño de Santiago, polo xeral, xera moitas inquedanzas sobre todo pola metereoloxía. Por ese motivo saber cando facer o Camiño Inglés ou o de Santiago é moi importante no momento de facer a mochila e seleccionar os obxectos que levaremos para protexernos do tempo.

 O Camiño Inglés transcorre polo norte de Galicia. Cidades como A Coruña, Ferrol e, por suposto, Santiago de Compostela, teñen sona de ser chuviosas e frías. Máis a realidade actual é ben distinta, xa que a metereoloxía galega posúe un clima atlántico con temperaturas temperadas na maioría do ano.

En outono, en inverno

Se a temporada de inverno ou a de outono é o único tempo libre que tes para poder realizar o Camiño Inglés non te preocupes. Escoller cando facer o Camiño de Santiago pode ser complexo ás veces. Non entanto, como dicíamos con anterioridade, a temperatura anual galega soe ser moderada.

Igualmente, no outono e no inverno é cando máis frío vai. Tamén pode existir o risco de chuvascos copiosos. Por tanto, é importante levar unha mochila con cousas das seguintes características:

●     Calzado cómodo, quente e impermeable.

●     Calcetíns de máis. A humidade nos pés pode crear fungos ou outro tipo de enfermidades e/ou infeccións.

●     Unha chaqueta impermeable. O máis lixeira posible.

●     Unhas fundas impermeables para cubrir as pernas en caso de moita chuvia.

●     Chuvasqueiro ou poncho para chuvias finas.

Sen grandes nevaradas

No caso do Camiño Inglés, non son habituais as nevadas nin un frío extremo. Por iso, recomendamos ir, principalmente, con prendas que repelen a humidade e que abriguen, máis non dun xeito excesivo.

 Tamén debes ter en conta que o Camiño Inglés nestes momentos do ano, mais sobre todo no inverno, non hai moita xente. Por tanto, é un momento perfecto se o teu obxectivo é pasar tempo a soas contigo mesmo. Iso sí, avisamos que no inverno moitos albergues permanecen pechados por ese mesmo motivo. Recomendamos informarse adecuadamente sobre os albergues que permanecen abertos nestas datas onde a afluencia de xente é moito menor que noutras épocas do ano. Ademais, debes ter en conta as horas de luz que hai durante o día, xa que, normalmente, o sol soe desaparecer sobre as 6 da tarde. No outono, as horas do día esténdense algo máis.

Experiencia única

O Camiño Inglés é unha experiencia única e cada época ten as súas vantaxes e desvantaxes. Se estás pensado cando facer o Camiño Inglés, terás que sopesar o nivel de carga da mochila, se che interesa coñecer xente, a paisaxe da que che gustaría disfrutar, a túa dispoñibilidade e condición física…

 Recorda que para calquera dúbida sempre podes contar coa Asociación de Municipios do Camiño Inglés.