Pontedeume e Betanzos acollen as sesións prácticas do curso de camareiro/a de pisos, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés
As instalacións do Hotel Montebreamo (Pontedeume) e do Hostal Pórtico (Betanzos) acolleron este luns e martes a formación práctica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña.