
Unha vintena de produtores e pequenos comerciantes do Camiño Inglés fórmanse para impulsar as súas vendas a través de Correos Market
Correos acolleu esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada de presentación da súa plataforma de venda en liña, Correos Market, a unha vintena de produtores e pequenos comercios dos 16 municipios integrados na Asociación de Concellos do Camiño Inglés.