The Camino Inglés

Newsletter and Press release

Press release

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés imparte o primeiro curso da Rede Stelar, que busca mellorar o servizo de aloxamento que se presta aos peregrinos

As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron esta mañá a sesión teórica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que prestan servizo de aloxamento aos peregrinos.

Nava Castro e Manuel Mirás inauguran oficialmente o proxecto “O Camiño Inglés na Escola”

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inauguraron oficialmente este mediodía o proxecto “O Camiño Inglés na escola”, un proxecto educativo que pretende sensibilizar e difundir os valores xacobeos entre os nenos e nenas de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta de peregrinación. Unha presentación que tivo lugar diante dunha vintena de nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro (Oroso).

Oitenta nenos e nenas do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participan no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”

Uns oitenta alumnos e alumnas de 3º de Primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participaron no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”, unha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para sensibilizar aos estudantes de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea a través da difusión dos valores xacobeos.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés pon en marcha en Pontedeume o proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”

Un total de 39 alumnos e alumnas de 2º e 3º de Primaria do CPR La Grande Obra de Atocha de Pontedeume participaron na primeira sesión de “O Camiño Inglés na escola”, un proxecto educativo posto en marcha pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Unha iniciativa que nace coa vocación de sensibilizar aos estudantes de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea a través da difusión dos valores xacobeos.

Investigadoras da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña farán un estudo para determinar o perfil do peregrino do Camiño Inglés

As profesoras da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña Antonia Pérez García e Iria Caamaño Franco realizarán un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés para identificar o perfil das persoas que peregrinan a Compostela escollendo esta ruta. O informe está promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Esta mañá o seu presidente, Manuel Mirás, compartiu co reitor da UDC, Julio Abalde, os detalles do acordo entre ambas as dúas institucións.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés aproba unha revisión de prezos de 65.000 € para acometer actuacións de mellora nesta ruta xacobea

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, reunida en asemblea xeral extraordinaria no Edificio Liceo de Betanzos, deu luz verde ao proxecto “Mellora e posta en valor do Camiño Inglés”, que inclúe 32 actuacións de mellora da sinalización, alumeado, pavimentación e seguridade no Camiño Inglés ao seu paso polos 16 municipios que integran a asociación.

Turoperadores de Italia visitan o Camiño Inglés para coñecer esta ruta e poder ofrecer viaxes organizadas á súa clientela

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organizou esta semana unha viaxe de familiarización con esta ruta xacobea para dous turoperadores italianos da Opera Romana Pellegrinaggi, Francesco Cocco e John D´Orazio, e o diácono Giancarlo Gandini, da diócese de Roma. Unha viaxe que é consecuencia directa da presentación realizada o pasado mes de maio no Centro Multimediale Interactivo de Roma e na que se contou coa colaboración da oficina de Turespaña en Roma e a Deputación da Coruña.