Encontro de traballo no Concello de Tui

Esta semana estivo en #Tui Manuel Mirás Franqueira, exalcalde de Oroso, e na actualidade presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, que agrupa á totalidade dos municipios por onde discorre esta ruta xacobea.

Na casa do concello mantivo un encontro de traballo co alcalde, Enrique Cabaleiro González, e coa concelleira de Turismo, Ana Nuñez Alvarez, para compartir a experiencia de xestión que están a desenvolver no Camiño Inglés por esta agrupación de concellos cun amplo traballo de promoción daquela ruta xacobea no exterior.

https://www.facebook.com/share/p/KeYWEnSUQKVvg5m2

Deja una respuesta

Your email address will not be published. Los campos obligatorios están marcados con *