etapa Sigüeiro - Santiago de Compostela e xa comeza dunha maneira inesquecible: pasando a ponte do Tambre. Un camiño que se vén facendo exactamente polo mesmo sitio dende hai case un milenio. A ponte pode contemplarse moito mellor descendendo por unhas escaleiras á man esquerda.

Camino Inglés through hostels
A partires de aí, o Camiño Inglés discorre por pequenas pistas sen apenas tráfico paralelas á dereita da estrada N-550. O camiñante poderá descubrir algún bosque de piñeiros ata chegar á Sionlla. Aí cambia por completo a paisaxe. Todo o firme é de terra. Iso si, rodea un castro prehistórico e pasa por un bosque de carballos que recibe un nome tamén inesquecible: o Bosque Encantado,que nesta etapa Sigüeiro -Santiago de Compostela é a antesala dun descenso que leva a unha zona agraria. Pouco despois, o peregrino entra no casco urbano compostelán camiño da catedral de Santiago.
Map
Start of route
End of route
Public hostels
Private hostels
Other establishments
Tourist information points
Airports
Buses
Trains