Press release

O deán da Catedral de Durham manifesta o seu interese en viaxar a Galicia para estreitar lazos de colaboración coa Catedral de Santiago

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés valora o acercamento entre estes dous
templos que marcan o inicio e o final da ruta xacobea

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés continúa a mediar entre os representantes das catedrais de Durham e Santiago de Compostela, inicio e final desta ruta xacobea. O obxectivo é que ambas entidades estreiten lazos de comunicación e amizade. Así, a principios de mes o presidente da asociación, Manuel Mirás, se reunía co deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago. Nesta ocasión foi a xerente da entidade, Cristina García, quen mantivo un encontro co deán da Catedral de Durham, Andrew Tremlett.

Cristina García explica que “queremos que a Asociación de Concellos do Camiño Inglés serva de nexo de unión entre as catedrais de Durham e Santiago, polo que tentamos poñer en contacto aos deáns de ambas institucións. E teño que dicir que o deán de Durham, Andrew Tremlett, quedou tan agradecido pola iniciativa e por o libro de agasallo que lle levamos dende Galicia que se porá en contacto co seu homólogo galego e mesmo xa baralla a posibilidade de facer unha visita a Compostela”.

García Souto mantivo esta reunión con Andrew Tremlett e as súas dúas cóengos, Allen e Harrop, na propia catedral de Durham antes da eucaristía pola peregrinación realizada esta fin de semana. Unha reunión na que tamén participaron o deputado delegado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Inglés en Finchale, Keith Taylor.