Asinadas as actas das obras de mellora e posta en valor do Camiño Inglés

A pasada semana asináronse as actas de replanteo para o inminente inicio das obras enmarcadas dentro do proxecto de “Actuacións de mellora e posta en valor do Camiño Inglés”, nos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Cabanas (que optaron por unha actuación conxunta), Pontedeume, Miño, A Coruña, Paderne, Abegondo, Mesía e Santiago de Compostela. Estas obras conforman os Lotes 1 e 2 da licitación do devandito proxecto, e que foron adxudicadas á empresa SYR-AMG S.L. pola Mesa de Contratación formada pola Deputación de A Coruña e a The Association of Local Councils of the Camino Inglés.

O proxecto é froito da colaboración entre ámbalas dúas institucións, e é financiado maioritariamente por parte da Deputación a través dunha subvención concedida á Asociación, mentres que o resto é financiado por cada un dos concellos.

O presidente da Asociación, Manuel Mirás, asistiu ás sinaturas acompañando aos técnicos encargados do proxecto e ao responsable da empresa adxudicataria, e que foron asinadas por representantes políticos e técnicos dos diferentes concellos.

Na Mesa de Contratación foi declarado deserto o Lote 3, polo que iniciouse un procedemento negociado sen publicidade na Plataforma de Contratación do Estado, e que foi adxudicado á mellor oferta presentada, neste caso á empresa José Ramón Iglesias S.L.

As actas de replanteo deste Lote de obras no Camiño Inglés, nos que se inclúen as obras nos concellos de Betanzos, Carral, Ordes e Oroso, asinaranse esta semana, logo da sinatura do contrato coa empresa adxudicataria. Deste xeito, as obras nos 16 concellos que forman a Asociación na actualidade darán comezo de forma inminente.

Deja una respuesta

Your email address will not be published. Los campos obligatorios están marcados con *