El Camino Inglés

Noticias y curiosidades

Mes: septiembre 2022

O Camiño Inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI

A icónica igrexa de Santiago da Coruña, punto de comezo do Camiño Inglés na Coruña, acolleu na noite de onte, mércores 28 de setembro, a presentación do libro “O Camiño Inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI”, obra de Cristobal Ramírez, periodista e cronista oficial do Camiño Inglés.

CaminoIngles
Cando facer o Camiño Inglés? Outono e inverno

Cando facer o Camiño Inglés é unha das moitas preguntas que se fai os peregrinos e peregrinas á hora de comezar esta fantástica aventura. O Camiño de Santiago, polo xeral, xera moitas inquedanzas sobre todo pola metereoloxía. Por ese motivo saber cando facer o Camiño Inglés ou o de Santiago é moi importante no momento de facer a mochila e seleccionar os obxectos que levaremos para protexernos do tempo.