Estatísticas Agosto: O Camiño Inglés segue no podio

As estatísticas de Agosto certifican que o Camiño Inglés consolida a súa posición como un dos destinos preferidos polos peregrinos do Camiño de Santiago. Así no mes de Agosto recibiu a visita de polo menos 1703 peregrinos que recolleron o seu Compostela na Oficina de Acollida do Peregrino

Desta maneira, o Camiño Inglés reforza a terceira posición como itinerario elixido polos peregrinos despois do Camiño Francés e do Camiño Portugués. Andaluces, madrileños e galegos, como consecuencia do maior interese que xera o turismo doméstico, seguen sendo das comunidades que máis nos visitan xunto con Comunidade Valenciana e Cataluña. Italianos, portugueses, franceses, alemáns e estadounidenses poñen a nota internacional a este roteiro do Camiño de Santiago, segundo as estatísticas de agosto.

Así mesmo continúa o afianzamento da cidade de Ferrol como o terceiro punto de saída elixido polos peregrinos do Camiño de Santiago para comezar a aventura do Camiño. Comparte o podio con Sarria no camiño de Santiago Francés e Tui, no portugués.

Agosto 2019: O Camiño Inglés situábase no quinto Camiño elixido por peregrinos e Ferrol como o cuarto punto de saída.

Agosto Xacobeo 2010: O Camiño Inglés era o sexto Camiño por orde de preferencia pero Ferrol aínda non aparecía entre as 10 cidades de saída.

Dende a Asociación de Concellos do Camiño Inglés énchenos de satisfacción o feito de que o Camiño Inglés consolida a súa posición xa que traballamos en conxunto e con outras administracións para promover e visibilizar un recurso viaxeiro que pode unir a diferentes concellos ao longo dun camiñar en común. Calquer consulta ou comentario pode ser dirixido ao correo electrónico info@caminoingles.gal ou por medio do noso formulario de contacto

Escribe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *