O
Camiño Inglés parte da cidade herculina, dun lugar emblemático como a Igrexa de Santiago, un templo románico da segunda metade do século XII en plena Cidade Vella da Coruña. Esta variante inclúe un primeiro tramo urbano ata chegar á localidade de O Burgo, onde poderemos ver a ponte medieval que usaban os peregrinos para cruzar a ría. Aló desfrutaremos dunha sobresaínte igrexa románica posta baixo a advocación de Santiago.

O Camiño Inglés por albergues
A seguinte parada vai ser o conxunto monumental de Sigrás. Illada no monte, a igrexa románica está impecablemente coidada. Ao seu carón, un pozo singular e unha reitoral erguida enriba dun hospital medieval de peregrinos. Un edificio que acollía a quen se dirixía a Santiago xa na Idade Moderna.
Puntos de interés
Mapa








