Cuarta etapa slow desde Ferrol

Miño - Betanzos

  • DIFICULTADE Baixa
  • LONXITUDE 10.7Km
  • DURACIÓN ESTIMADA 3h 30min
A

seguinte etapa consiste en algo máis de 10 km nos que iremos á estación de tren desta localidade costeira, pero non para tomar este medio de transporte como é obvio, se non para cruzar cara á Ponte do Porco. Durante esta ruta que discorre xunto ao Lambre, podemos ver o pazo de Montecelo ou a igrexa de San Pantaleón das Viñas e tamén a igrexa románica de Tiobre que é unha parada obrigada.

etapa de miño a betanzos
O Camiño Inglés por albergues

Aquí o peregrino terá un descenso entre viñedos. Un viño que tiña gran fama e era moi desexado pola Mariña británica. A partir de aí comeza unha subida a un templo neoclásico, algo estraño en Galicia: a Nosa Señora do Camiño, tamén chamada Os Remedios. Cruzando a ponte sobre o Mandeo, entramos en Betanzos pola porta da Ponte Vella, unha das cinco da antiga muralla. É inevitable a visita ás súas igrexas, especialmente a de San Francisco, co cenotafio de Fernán Pérez de Andrade e que resulta ser o mellor de Galicia deste tipo, do mesmo xeito que será inevitable caer nas delicias gastronómicas que ofrece esta cidade.

Puntos de interés

Mapa

App y rutas GPX para senderismo por Forwalk, partner técnico.