Segunda etapa desde Ferrol

Neda - Pontedeume

  • DIFICULTADE Baixa
  • LONXITUDE 12.9Km
  • DURACIÓN ESTIMADA 4h
N

a etapa Neda - Pontedeume saindo de Neda, chaman a atención a igrexa de Santa María e a gótica de San Nicolás. Unha vez pasada a igrexa de Santa María, crúzase o río Belelle por unha bonita pasarela e enlazamos coa antiga e porticada rúa Real, onde no medio da mesma, destaca a Torre do Reloxio, xunto a casa consistorial e os restos do antigo hospital de peregrinos do “Sancti Spiritos”.

O Camiño Inglés por albergues

Continuando de fronte visitamos a igrexa de San Nicolás, onde poderemos admirar un dos cruceiros máis antigos de Galicia. É unha etapa tranquila con tan só unha subida digna de tal nome á saída de Neda, onde nos permitirá admirar unhas magníficas vistas da ría de Ferrol. Desde este punto podemos ser conscientes do que xa camiñamos, xa que se divisa gran parte do traxecto feito.

Pasaremos, tras superar un lavadoiro e unha fonte, ao concello de Fene. Tras un breve tramo camiñando chegamos ao centro urbano, onde teremos todo tipo de servizos para os peregrinos. Ao pasar o lavadoiro de Mundín, comezamos a subir por un camiño de terra, acercándonos ao concello de Cabanas, tras superar o polígono de Vilar do Colo.

Baixando cara ao núcleo urbano de Cabanas, gozarás cunha panorámica espectacular nesta etapa Neda – Pontedeume, da desembocadura do río Eume, que uns poucos quilómetros máis arriba forma o Parque Natural das Fragas do Eume. Dende este punto, se miras á montaña en fronte, érguese a figura do castelo da Nogueirosa.

Xa só nos queda cruzar a ponte do río Eume… Facédevos unha idea, actualmente non hai máis de 15 arcos, pero antigamente eran 70!

E xa en Pontedeume, todo o casco histórico é un conxunto de monumentos, dende a Torre de Andrade -que formou parte do palacio que alí tiña esta poderosa familia- á igrexa de Santiago, pasando polo edificio que acolle a casa do concello, o da biblioteca e o do convento dos Agostiños.

Puntos de interés

Mapa

Inicio de ruta Fin de ruta Albergues públicos Albergues privados Outros establecementos Puntos de información turística Aeropuertos Autobuses Trenes