penúltima etapa do Camiño Inglés consta de 12 km, deixando a vila de Poulo no concello de Ordes e tendo a súa chegada en Sigüeiro, unha localidade do concello de Oroso.

O Camiño Inglés por albergues
Deixaremos a parroquia de Poulo e chegaremos a Pereira onde pasaremos preto de lugares como O Carballo, A Casanova e Ponte Pereira ata abandonar o concello de Ordes pola vila de Carrás. Toda esta zona está chea de regatos e pequenos ríos, polo que os peregrinos deberían telo en conta se fan o Camiño Inglés durante os meses máis chuviosos porque as terras que non están asfaltadas poden estar moi enlamadas ou inundadas.
Despois entraremos no concello de Oroso por Baxoia, nunha ruta algo sinuosa, ata chegar a Sigüeiro pola zona do seu polígono industrial. Aquí en Sigüeiro gozaremos das vistas sobre na ponte sobre o río Tambre, que nos amosarán o camiño para chegar ao noso destino final en Santiago de Compostela.
Mapa
Inicio de ruta
Fin de ruta
Albergues públicos
Albergues privados
Outros establecementos
Puntos de información turística
Aeropuertos
Autobuses
Trenes