F
isicamente esta segunda etapa é das máis esixentes, aínda que ao mesmo tempo das máis gratificantes. Reclaman a atención, na aldea de Aquelabanda, unha pequena capela e un edificio nobre onde pasou a noite Felipe II. Este inmoble marca o inicio dunha subida, non de moita pendente pero si sostida durante varios quilómetros, que vai rematar na aldea das Travesas. Neste lugar xúntanse este ramal co que procede de Ferrol para continuaren xuntos cara Sigüeiro e Santiago.