REDE STELAR
Experiencias Stelares
Un Camiño que se vive, non só se percorre
Cada día, persoas chegadas de todo o mundo pisan o Camiño Inglés buscando algo máis ca unha ruta. Buscan tempo, silencio, acollida, paisaxe e encontros auténticos. Atópanos nos pequenos xestos: unha porta que se abre cedo, unha mesa posta con produtos da terra, unha conversa ao final da etapa, un lugar onde descansar o corpo e a mente.
O Camiño Inglés é historia, pero tamén é presente. É mar e interior, vila e rural, patrimonio e vida cotiá. É un camiño feito por quen camiña… e por quen o coida. Por iso nace o Club de Produto do Camiño Inglés: da vontade compartida de persoas, empresas e entidades que viven o Camiño desde dentro e que traballan xuntas para ofrecer unha experiencia auténtica, coherente e de calidade, respectando a identidade do territorio e o espírito peregrino.
Paso a paso
77 €
DUI
118 €
DBL
179 €
TPL
Inclúe aloxamento, almorzo, credencial, cuncha e picnic para comezar ben o Camiño Inglés.
Min/max: 1-3 persoas. Para outras opcións consultar co establecemento directamente.
Dispoñibilidade: todo o ano.
Condicións: realizar reserva previa.
Reservas: Para concretar a reserva os clientes deberán contactar directamente co establecemento.
Descobre Miño en bicicleta
50 - 80 €
por habitación DBL. Prezo varía en función de tempada alta ou baixa.
Descobre o entorno natural de Miño en bicicleta. As persoas visitantes que reserven a través da propia web do establecemento terán engadido no prezo o almorzo buffet e tamén unha bicicleta de montaña para poder coñecer a vila.
Min-Max: 1-8
Dispoñibilidade: todo o ano.
Condicións: realizar reserva previa debido ao número limitado de bicicletas.
Reservas: Para concretar a reserva os clientes deberán contactar directamente co establecemento.
Menú Sensacións
49 €
por persoa (61€/persona con Maridaxe).
Degustación de 2 Snacks + 4 Aperitivos + 4 Pratos + 2 Postres con maridaxe de 3 Viños da Terra de Betanzos IXP. Os aperitivos e pratos dos nosos menús cambian semanalmente. Neste menú hai mariscos, peixes e carnes. O contido concretase a mesma semana da reserva.
Min-Max: mínimo 1 persoa e máximo consultar co establecemento.
Dispoñibilidade: todo o ano.
Condicións: menú eleborado con producto de tempada, ecolóxico e de Km0 certificado de produtores e empresas locais do territorio. Realizar reserva previa.
Reservas: Para concretar a reserva os clientes deberán contactar directamente co establecemento.
Refuxio Gastronómico
256,90 €
DBL (2PAX)
359,80 €
CDPL (4PAX)
por noite / cabaña
Aloxamento nunha cabaña, cea e almorzo.
Min-Max: 2-4 persoas. Para outras opcións consultar co establecemento directamente.
Dispoñibilidade: marzo a outubro.
Condicións: suxeito a disponibilidade. Recoméndase facer reserva previa.
Reservas: Para concretar a reserva os clientes deberán contactar directamente co establecemento.
Estancia con encanto
99 €
por noite para dúas persoas.
Unha noite de aloxamento en cuarto dobre con almorzo buffet a pé do Camiño Inglés.
Min-Max: 2
Dispoñibilidade: do 1 abril ao 31 de outubro.
Condicións: realizar reserva previa. Política de cancelacións a consultar no momento da reserva.
Reservas: Para concretar a reserva os clientes deberán contactar directamente co establecemento.





















