Información

I Concurso de Fotografía Dixital O Camiño Inglés

Concurso fotografia camino ingles

I Concurso de Fotografía Dixital O Camiño Inglés

 

OBXECTO DO CERTAME

 

O I Concurso de Fotografía Dixital O Camiño Inglés pretende aumentar a visibilidade de todos os bens patrimoniais e paisaxísticos da ruta en ambos trazados dende Ferrol e A Coruña ata Santiago de Compostela. Para iso, e co ánimo de facilitar o máximo acceso posible a todo tipo de usuarios, as fotografías poden participar por tres vías:

 

 

A publicación por parte dos administradores da páxina de Facebook e Instagram da Asociación de Concellos do Camiño Inglés conlevará a súa inclusión no concurso e a aceptación por parte das dúas partes das bases reguladoras do I Concurso de Fotografía Dixital O Camino Inglés. Este concurso está promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación de Promoción del Camino Inglés. Colaboran así mesmo o Concello de Ferrol e Autoridade Portuaria de Ferrol.

 

As fotografías serán publicadas nos seguintes espazos:

⇒Páxina web: www.caminoingles.gal

⇒Fanpage: https://www.facebook.com/caminoinglesoficial/

⇒Grupo:  Asociación de Promoción del Camino Inglés (https://m.facebook.com/groups/2342502556031782/?ref=bookmarks)  

⇒Grupo Camino Inglés Oficial: www.facebook.com/groups/caminoinglesoficial

⇒Instagram: https://instagram.com/caminoinglesoficial/

 

Co ánimo de fomentar a participación do maior número de persoas, seleccionaranse para participar na fase final ás tres imaxes que máis reaccións positivas xeneren (contabilizando os “me gusta” tanto en Facebook como en Instagram, que pasarán a unha segunda fase xunto coas outras dezaoito (18) fotografías elixidas mediante un xurado avaliador, ata un total de vinteún (21), simbolizando o Ano Santo Xacobeo 2021. O xurado, composto por un membro da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, un membro da Asociación dePromoción del Camino Inglés e un profesional da imaxe, elixirán as tres mellores fotos baseáandose en criterios de puntuación relacionados coa calidade artística da imaxe, a creativade, o seu significado, etc.

 

Os resultados serán publicados nas páxinas de Facebook das asociacións organizadoras, en instagram e, a ser posible, en medios de comunicación. A fotografía gañadora do concurso será utilizada como fotografía de portada da páxina de Facebook da organización do certame durante un período non inferior a un mes, puidendo calquera das fotografías participantes ser empregada sen ánimo de lucro en ditas páxinas ou calquer outro dos soportes das asociacións promotoras.

 

As fotografías seleccionadas para a final serán expostas ao público co seu título, autor e localización en soporte físico na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol; posteriormente, a mostra, que nace cunha vocación itinerante, poderá ser exposta en todos os municipios do trazado que o soliciten. Todas as fotografías participantes poderán ser utilizadas pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para fins divulgativos.

 

A única restrición para presentar fotografías será que nelas quede identificado claramente o Camiño Inglés, valorándose así mesmo a calidade artística e que se recoñezan os lugares nos foi tomada, xa que o obxectivo principal do concurso é o de profundizar no coñecemento do Camiño Inglés por parte do público en xeral.

 

BASES

  1. Poderán concorrer a este concurso todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os traballos se axusten ás bases do certame.
  2. As fotografías deberán ser presentadas en formato dixital mediante o seu envío á dirección de correo info@caminoingles.gal ou nas redes sociais das Asociacións promotoras desde concurso, como se indicou anteriormente. Deberán ser necesariamente orixinais e inéditas, podendo ser realizadas en cualquera momento do ano, na actualidade ou con anterioridade á data presente. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías. O contido das mesmas estará relacionado co Camiño Inglés, debendo indicar o lugar no que foron tomadas. As fotografías deberán ser propiedade da persoa (autor/a) que as presente ao certame.

    As 21 fotografías seleccionadas solicitaranse posteriormente por medios que permita obter a máxima calidade da fotografía para a súa impresión.

  3. O prazo de presentación de fotografías será a o 10 de xuño de 2021.
  4. Para que unha fotografía sexa aceptada no concurso, deberá ser publicada na páxina de Facebook. Así mesmo, respostarase a través de correo electrónico que dita imaxe foi aceptada. Unha vez aceptada, a organización do concurso pode utilizar as fotografías con fins divulgativos e expositivos, mais nunca con fins lucrativos.
  5. As fotografías deberán incluir un título e localización da obra (lugar e concello no que foi tomada), nome e apelidos do autor/a, DNI do/a participante, domicilio e teléfono de contacto, correo electrónico e perfil de redes sociales para poder ser etiquetados/as unha vez se publiquen nos perfís da organización.
  6. A participación no concurso implica a aceptación das bases, e o autor/a das fotografías autoriza a súa publicación, exposición e edicións que teñan lugar por parte dos promotores do concurso, utilizadas sempre con fins non lucrativos.
  7. Como conmemoración do Ano Santo 2021, o xurado seleccionará vinteunha (21) fotografías que serán expostas ao público en Ferrol, na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, coincidindo co evento Primavera no Camiño, 2021. Posteriormente, exporanse no resto dos municipios do Camiño Inglés, que así o soliciten.
  8. Os premios serán informados aos participantes por correo electrónico e mediante chamada telefónica. Os premios consistirán en bonos a canxear en diferentes establecementos de aloxamento e restauración do Camino Inglés, nomeadamente os que están incluídos na Rede Stelar, a rede de excelencia e atención ao peregrino no Camino Inglés promovida pola Asociación de Concellos del Camino Inglés, valorados en:
  • 1º premio: bono por valor de 150€
  • 2º premio: bono por valor de 100 €
  • 3º premio: bono por valor de 50€

(*) Os premios deberán ser disfrutados con data límite o 31 de decembro de 2021.

  1. O xurado será designado polas dúas Asociacións organizadoras do concurso e estará composto por un membro da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, un membro da Asociación de Amigos do Camiño Inglés e un profesional da imaxe, que elixirán, unha vez rematado o prazo de presentación de imaxes (10 de xuño) as tres mellores fotos baseadas nuns criterios de puntuación relacionados coa calidade artística da imaxe, a creatividade, o seu significado, etc. O fallo do xurado farase público o 14 de xuño de 2021, que comunicarán o seu veredicto aos gañadores/as mediante chamada telefónica e correo electrónico.
  2. Os premios entregaranse en Ferrol o 19 de xuño de 2021, nun acto público con presencia das autoridades e empresas que patrocinen o concurso. Os/as premiados/as comprométense a recoller os premios no acto de entrega de premios. En casos excepcionais, cuxos premiados sexan doutros puntos fóra de Galicia ou internacionais e/ou por motivos xustificados non poidan asistir ao acto, se entregaráselles o premio igualmente, sendo obriga cambiar o bono no territorio e na rede de establecementos de aloxamento e hostalería “Rede Stelar” do Camiño Inglés, sempre antes do 31 de decembro del 2021