Life Water Way
O proxecto Life Water Way no Camiño Inglés
O día 23 de maio de 2017 aprobouse o cofinanzamento da Comisión Europea para a candidatura “Creating a new concept of natural drinking fountains and demonstration its viability along St. James´ Way LIFE16 ENV/ES/000533 WATER WAY”.
O obxectivo dese proxecto es sinxelo: dotar de abastecemento de auga potable ao Camiño Inglés, como exemplo de mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e Itinerarios Culturais Europeos.
O ámbito de actuación do proxecto Life Water Way é o Camiño Inglés, e creou un novo modelo de fonte natural que permite subministrar auga con garantía sanitaria a partir de captacións de augas subterráneas, por medio dun tratamento autónomo de potabilización. Dispón ademais dun sistema de expedición concibido para a súa utilización exclusiva mediante o enchido de botellas reutilizables. Por outra banda, e en beneficio da sostibilidade económica, no caso de existencia de redes municipais de abastecemento controlado, o proxecto promove a instalación complementaria de fontes con acometida a elas e o mesmo sistema de expedición.
O proxecto demostrou que a disposición de auga de consumo para excursionistas de longa distancia, por medio de unha rede de 28 fontes aptas para o enchido de envases reutilizables, prevén a xeración de residuos plásticos e a emisión de gases de efecto invernadoiro debidas ao consumo de auga embotellada. Así, durante o ano de avaliación da rede piloto do Camiño de Santiago Inglés se evitouse a utilización de 400.000 botellas dun so uso de ½ litro, evitouse a xeración de 4,92 toneladas de residuos plásticos e a emisión de 339 toneladas de CO2.
Para promover o uso dos envases reutilizables púxose en marcha unha tenda online de botellas que permite aos peregrinos comprar as súas botellas desde calquera lugar del mundo (está dispoñible en galego, castelán e inglés) mediante pago con tarxeta. A entrega da compra pódese efectuar tanto a domicilio como nos lugares de recollida habilitados sen custe. Por último, a plataforma serve para poñer en valor a rede de fontes dispoñibles e o destino de parte do custe da botella (PVP 15 €), que contribúe á recuperación dos custes financeiros da rede de fontes.
De este xeito, fíxose posible que os máis de 30.000 usuarios da ruta poidan encher o seu envase reutilizable coa auga das fontes cada 5 km, aproximadamente a distancia recorrida nunha hora, unha forma de consumo de proximidade, que supón aproveitar un servicio cunha menor pegada de carbono, dispoñible na nosa contorna territorial, conforme aos obxectivos da nova Directiva (UE) 2020/2184.
Este proxecto púidose levar a cabo coa colaboración das seguintes institucións:

CONCELLO DE ABEGONDO

CONSELLERÍA DE SANIDADE
XUNTA DE GALICIA

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS

ITG
