London to Walsingham Camino

Este de Inglaterra – 180 millas / 290 km, dende Londres a Walsingham

Antes da Reforma, Walsingham era o santuario máis importante de Inglaterra. A razón pola cal un gran número de peregrinos eran atraídos a Walsingham ten a súa orixe na visión da Virxe María que tivese unha muller de clase alta de esta localidade. Nela dixo ser transportada á casa de Nazaret onde se lle pediu que construíse unha réplica da casa, á que lle chamou a Casa Santa. Inicialmente era unha estrutura de madeira sinxela, que logo foi ricamente decorada con ouro e pedras preciosas. A casa atraeu a peregrinos de toda Europa. O santuario foi completamente destruído no momento da Reforma, mais a súa localización está marcada nos terreos do Priorado de Walsingham, hoxe en ruínas.

Foto: Andy Bull

A ruta segue a Lea Valley fora da capital, ao longo dun camiño xunto ao río ata Ware, antes de cruzar campo a través, ata Bishops Stortford e Saffron Walden. No percorrido destacan lugares como Bury St Edmunds, ca súa catedral que foi adicada a Santiago por un abade que non puido facer a peregrinación a Compostela, Brandon e o pobo normando fortificado de Castle Acre.

Os peregrinos medievais continuaban a súa viaxe dende Walsingham a Santiago, a través de portos como Kings Lynn e Great Yarmouth.