Primavera no Camiño Inglés 2024

Os Xardíns de Méndez Núñez, en A Coruña, será o escenario da próxima edición da Primavera no Camiño Inglés, que se celebrará o sábado 22 de xuño de 2024. Este evento é unha iniciativa organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés co obxectivo de destacar e valorar os diversos atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos que ofrece esta emblemática ruta xacobea. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de A Coruña.

O programa de actividades é amplo e variado, deseñado para atraer e entreter a persoas de todas as idades. Haberá unha gran oferta gastronómica, así como unha serie de actividades culturais que incluirán danza, música e obradoiros gratuitos para as crianzas. Ademais, instalarase un mercado de artesanía, onde os artesáns locais terán a oportunidade de exhibir e vender as súas creacións.

A edición deste ano da Primavera no Camiño Inglés promete ser unha experiencia inesquecible, chea de cultura, gastronomía e diversión. Agardámoste o 22 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez, en A Coruña! Non o perdas!

Cartel

Escribe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *