A Rede Stelar

Que é a Rede Stelar?

A Rede de Excelencia no Camiño Inglés “Stelar”, é un conxunto de establecementos de diferentes tipoloxías, que, cumprindo cunha serie de requisitos relacionados coa calidade, atención ao peregrino e a sustentabilidade, traballan de xeito continuado e de forma colaborativa para acadar a excelencia na experiencia do peregrino ao longo de todo o Camiño Inglés e, ao mesmo tempo, apoiando á preservación e divulgación dos seus auténticos valores, tanto dos materiais coma dos inmateriais.

Os seus principais obxectivos son, por tanto:
• Actuar de forma colaborativa entre os establecementos do trazado do Camiño Inglés e as administracións locais, xerando un sentido de pertenza e cohesión ao territorio para o desenvolvemento turístico.
• Implantar a filosofía da mellora continua ata acadar a excelencia na xestión dos establecementos, creando una imaxe de marca e posicionándoa no mercado.
• Impulsar a calidade e a excelencia na experiencia do peregrino ao longo de todo o trazado do Camiño Inglés.
• Poñer en valor, empregar e promover o uso e consumo dos produtos agroalimentarios e pesqueiros locais favorecendo a economía de proximidade.
• Contribuír á promoción e divulgación do Camiño Inglés, así coma dos seus valores históricos, lingüísticos, culturais e naturais.
• Fomentar un turismo sostible no ámbito social, económico e medioambiental.
• Premiar e reconocer as boas prácticas relacionadas coa sustentabilidade, a calidade e a atención ao peregrino, entre outras.