Saint James' Way
SE de Inglaterra – 68 millas / 110 km, dende Reading a Southampton
A abadía de Reading foi nalgún momento o lugar de veneración da man de Santiago. Se ben se cuestiona a súa autenticidade como a man cortada do apóstolo martirizado, crese que é a reliquia que trouxo a Inglaterra á emperatriz Matilde no século XII. Na Idade Media, Reading foi o centro do culto a Santiago en Inglaterra. Os peregrinos chegaban ata aquí para venerar a reliquia, antes de encamiñarse ao porto marítimo máis próximo e tomar un barco cara as costas galegas. O Museo de Reading ten mostras de insignias de peregrinos atopadas nas ruínas da Abadía e tamén pódese observar unha imaxe da cabeza de Santiago como peregrino na Porta da Abadía de Reading.
O camiño é chan e atravesa fermosas partes do país, seguindo ríos e canais. Pasarás xunto a igrexas e locais dos pobos pegados ao río, algúns dos cales ofrecen descontos aos peregrinos.
Foto: Reading Museum - Reading Abbey
A ruta segue o percorrido da calzada romana dende Silchester a través de Basingstoke ata Winchester e a súa marabillosa catedral e o Pilgrims’ Hall. Despois continúa bordeando o río Itchen pasando polo Hospital de St Cross ata Southampton, onde se conservan as murallas medievais xunto coas portas polas que pasaban os peregrinos que embarcaban cara a Santiago de Compostela. O percorrido finaliza en God’s House Tower -hoxe un centro artístico-, preto de onde se atopaba o hospital de peregrinos “God’s House”. God’s House Tower outorgará un certificado, a Via de Sanctus Iacobus, a todo aquel que presente o pasaporte cos selos que acrediten ter realizado o St James´ Way dende Reading.
Máis información:
Guía do St James´ Way publicada pola Confraternity of St James
Máis información sobre a peregrinación en Reading, mapa e vídeo
Máis información sobre St James´ Way en Hampshire