Slí ár Sinsear – O Camiño dos nosos ancestros

Kerry – 29 km, dende Glenbeigh a Cahersiveen

O camiño dos nosos ancestros cubre unha distancia de 29 km, dende a igrexa de St James en Glenbeigh ata Cahersiveen no condado de Kerry. Percorre antigos camiños como os do Reino de Drung que comparte as súas orixes coa época dos milesios que chegaron a Irlanda dende Galicia. A ruta conduce á cima de Cnoc na dTobar, de 690 metros de altura, un lugar sagrado dende a prehistoria. Moito antes da chegada do cristianismo, a montaña usábase para asembleas, especialmente a festa da colleita de Lughnasa.

Foto: Visit Durham_Durham City Cathedral - Turismo de Irlanda

O máis destacado desta ruta de peregrinación son as espectaculares vistas. Mirando cara o leste, as praias de Inch e Rossbeigh que se extenden pola bahía e, na distancia, MacIllicuddy Reeks, a cadena montañosa máis alta de Irlanda. Ao outro lado da bahía, cara o norte, as costas e outeiros do sur da península de Dingle, dende as illas Blasket no oeste ata as montañas Slievemish no extremo leste. Os peregrinos viaxaron durante centos de anos dende Dingle e South Kerry a Galicia e, recentemente, un grupo de peregrinos navegou no Jeanie Johnston, unha réplica dos barcos da hambruna dende Dingle a A Coruña.