St Finbarr’s Pilgrim Path
Cork – 37 km, dende Drimoleague a Gougane Barra
Este camiño comeza en Top of the Rock, Drimoleague, onde a tradición di que St Finbarr no século VI amonestou á xente para que abrazara de novo a Cristo, e logo encamiñouse a Gougane Barra. Dende entón, os lugareños recorreron este camiño, especialmente na festividade do santo, o 25 de setembro. Todo o percorrido está impregnado de historia celta e restos arqueolóxicos.
Foto: Gougane Barra Forest Park - Turismo de Irlanda
O camiño percórrese en dous días, é difícil pero fermoso, e suxírese facer noite na bonita vila de Kealkil. St Finbarr’s Pilgrim Path atravesa tres importantes sistemas montañosos e os seus correspondentes vales: Ilen, Mealagh e Ouvane, con impresionantes vistas da bahía de Bantry e tramos ao longo da costa de West Cork. A camiñata culmina cun espectacular descenso coa ermida de St Finbarr visible no seu sereno entorno na illa localizada no medio do lago en Gougane Barra.