Press release

Unha delegación da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Deputación da Coruña viaxa a Inglaterra para estreitar lazos con Durham e a Universidade de Newcastle

camiño inglés newcastle
Participarán nunha peregrinación dende a Abadía de Finchale, punto de inicio do Camiño Inglés na Inglaterra

 

Unha delegación da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Deputación da Coruña viaxa esta semana a Inglaterra para estreitar lazos coa Universidade de Newcastle e co condado de Durham. Unha delegación encabezada polo deputado delegado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira; e a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García, que participarán nunha peregrinación dende a Abadía de Finchale, inicio do Camiño Inglés no país británico.

 

Durante a viaxe, manterán reunións de traballo con Amanda Hopgood, líder del Consejo del Condado de Durham; Elisabeth Scott, responsable de Economía e Asociacións en Durham, así como representantes de touroperadores de Inglaterra, como Visit Durham. Así mesmo, serán recibidos por autoridades da Universidade de Newcastle, da Abadía de Finchale e da catedral de Durham.