Press release

Unha vintena de produtores e pequenos comerciantes do Camiño Inglés fórmanse para impulsar as súas vendas a través de Correos Market

Correos Market permitiralles vender en liña e distribuir os seus produtos de xeito sinxelo, seguro e sen comisións de venda
 

Correos acolleu esta mañá en Santiago unha xornada de presentación da súa plataforma de venda en liña, Correos Market, a unha vintena de produtores e pequeños comerciantes dos 16 municipios integrados na Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Unha xornada á que asistiron o director de Correos Market, Iván Maroto, e a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García, canda unha vintena de produtores locais chegados de lugares como Ferrol, Pontedeume, A Coruña, Oroso e Santiago de Compostela.

Esta xornada formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración asinado entre Correos e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés para promover a venda de produtos elaborados por emprendedores presentes nesta ruta xacobea a través de Correos Market. Grazas a el, os produtores e comercios do Camiño Inglés poderán promover e difundir os seus produtos, ademais de vender en liña e distribuir con Correos a calquera punto do territorio nacional de xeito sinxelo e seguro, sen pagar comisións de venda, tal e como se anunciou hoxe.

Correos Market incluirá un apartado específico para promover a todos os produtores e negocios adheridos ao acordo ofrecéndolles un lugar onde vender en liña a todas aquelas persoas de España e Portugal que teñan interese por estes produtos e negocios, en especial,  a aqueles peregrinos cos coñeceron e desfrutaron ao paso polas diferentes localidades. A plataforma de Correos convértese así nun marketplace onde calquera persoa pode atopar e comprar os produtos das diferentes localidades do Camiño Inglés.