
Cuál es la mejor época para hacer el Camino Inglés?
Muchos se preguntan cuál es la mejor época para hacer el Camino Inglés. Esta pregunta tiene una respuesta compleja, ya que depende de la meteorología,
Muchos se preguntan cuál es la mejor época para hacer el Camino Inglés. Esta pregunta tiene una respuesta compleja, ya que depende de la meteorología,
O presidente da asociación, Manuel Mirás, eloxiou o “trato humano, a profesionalidade e a hospitalidade” deste local que acolle a peregrinos de todo o mundo
O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, vén de facer entrega dos premios da segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, certame convocado pola propia asociación en colaboración coa Asociación de Amigos El Camiño Inglés e a Deputación da Coruña.
As instalacións do restaurante A Artesa da Moza Crecha (Betanzos) acolleron a derradeira sesión do “Curso de formación en Restauración”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña para os establecementos da Rede Stelar que dan servizo de comida aos peregrinos. Unha formación impartida por Lolo Mosteiro e Paula Martínez na que se elaborou un modelo de Menú Stelar con produto de proximidade e produto de temporada.
As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron a primeira sesión do “Curso de formación en Restauración”, unha iniciativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que dan servizo de comida aos peregrinos. A formación está sendo impartida por Lolo Mosteiro e Paula Martínez, propietarios dun dos restaurantes da Rede Stelar: “A Artesa da Moza Crecha” (Betanzos).
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que o organismo provincial destinará 342.414,54 euros a sufragar o 72,37% do orzamento total dun proxecto que contempla actuacións de mellora e posta en valor desta ruta xacobea. Un investimento que ascende a un total de 473.131,80 euros.
Unha delegación da Deputación da Coruña, encabezada polo deputado Antonio Leira, desprazouse á feira de turismo World Travel Market, que se celebrou esta semana en Londres para promocionar e difundir os valores do Camiño Inglés.
As instalacións do Hotel Montebreamo (Pontedeume) e do Hostal Pórtico (Betanzos) acolleron este luns e martes a formación práctica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña.
As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron esta mañá a sesión teórica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que prestan servizo de aloxamento aos peregrinos.
O presidente dos empresarios de Arousa, José Luis Vilanova, dixo dúas cousas: unha que resulta difícil non asinar e outra que entra no terreo da incomprensión. Da súa. A primeira é que o turismo no Salnés debe ser de calidade, buscando a excelencia. A segunda, que hai que pechar todos os albergues públicos do Camiño de Santiago.