The Camino Inglés

Newsletter and Press release

Press release

Máis de 3.000 persoas desfrutan en Sigüeiro da programación da V Primavera no Camiño Inglés

Máis de 3.000 persoas tomaron parte na quinta edición da Primavera no Camiño Inglés, celebrada hoxe na alameda de Góis de Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Aprazada a V Primavera no Camiño Inglés ao domingo 12 de xuño

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés acordou hoxe o aprazamento da quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, prevista para este sábado 4 de xuño en Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa que terá lugar no mesmo emprazamento o vindeiro domingo 12 de xuño.

Sigüeiro acolle a V Primavera no Camiño Inglés, que promove os atractivos etnográficos, gastronómicos e culturais dos 18 municipios polos que pasa esta ruta

A alameda de Góis en Sigüeiro (Oroso) acollerá este sábado 4 de xuño a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta xacobea que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela.

A UDC abre unha liña editorial sobre o Camiño de Santiago en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, asinaron esta mañá na Reitoría un convenio de colaboración. Por este acordo, o Servizo de Publicacións da UDC abrirá unha liña editorial sobre o Camiño de Santiago, que inaugurará unha publicación sobre o Camiño Inglés, da autoría de Cristóbal Ramírez.

NovoInstagramCamiñoInglés
The Association changes its Instagram account

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés comunica que, debido a problemas alleos á asociación, a conta de Instagram @caminoinglesoficial deixa de ser a conta oficial da entidade.

A Deputación da Coruña acepta a encomenda da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e licitará un proxecto de obras de mellora nesta ruta xacobea por máis de 435.000 euros

Erisa Mizunoue e Olivia Curtis, dúas estudantes do Departamento de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle, visitan nesta Semana Santa o Camiño Inglés, especialmente as localidades de Ferrol, Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Oroso e Santiago. Unha visita organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés froito da colaboración establecida coa Universidade de Newcastle.