Nota de prensa

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organiza unha xornada formativa para persoas que desexen sumarse á plataforma Correos Market

A formación terá lugar o xoves 7 de abril ás 10:00h, na sede de Correos en Santiago (rúa do Franco, número 4)
Inscricións gratuítas no 881 150 099 ou no mail info@caminoingles.gal

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organiza unha xornada formativa dirixida a persoas e empresas pertencentes a un dos 16 municipios e que desexen sumarse á plataforma Correos Market para vender os seus produtos a calquera punto de España dun xeito sinxelo e seguro. Unha formación que terá lugar o xoves 7 de abril ás 10:00h na sede principal de Correos en Santiago de Compostela (rúa do Franco, número 4). Inscricións totalmente de balde no 881 150 099 ou no mail info@caminoingles.gal ata completar prazas.

Esta xornada formativa xurde do acordo de colaboración que onte asinaron en Madrid o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, e a directora de Relacións Institucionais, Filatelia, Estudos e Futuro de Correos, Leire Díez Castro. Un acordo do que se poderán beneficiar aqueles produtores e pequenas empresas que vendan produtos km 0 (alimentación, bebidas, artesanía, moda, saúde e beleza, fogar e tecnoloxía) nun dos 16 municipios adheridos á asociación: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Formación completa

Na xornada formativa do 7 de abril, técnicos especializados explicaranlles ás empresas e produtores dos 16 concellos que forman parte da Asociación como aumentar a súa visibilidade e as súas vendas a través da plataforma Correos Market. Ademais, sumarse a esta canle non suporá gasto nin investimento ningún para a persoa ou empresa que se adhira, que só pagará polo que venda. De feito, o pago farase cando o cliente xere unha venda a través da plataforma. Nese momento, Correos aplicaralle unha comisión sobre esa venda. Iso si, grazas ao acordo asinado onte por Manuel Mirás, esa porcentaxe minguará nun 2% con respecto a outros usuarios da plataforma.

Ademais de permitir vender en liña e distribuír con Correos a calquera punto de España, os establecementos que se sumen á plataforma poderán obter unha maior visibilidade indo da man doutros produtos relacionados co Camiño Inglés. Unha situación que permite, por exemplo, dispoñer de banners publicitarios nos que se agrupen os produtos do Camiño Inglés e aos que os clientes poidan acceder dunha maneira rápida e sinxela.

De feito, Correos Market incluirá un apartado específico para promover a todos os produtores e negocios adheridos ao acordo, ofrecéndolles un lugar onde vender online a todas aquelas persoas de España e Portugal que teñan interese por estes produtos e negocios, en especial,  a aqueles peregrinos que os coñeceron e desfrutaron ao seu paso polas diferentes localidades. A plataforma de Correos convértese, así, nun marketplace onde calquera persoa pode atopar e comprar os produtos das diferentes localidades do Camiño Inglés.

En la actualidad, Correos Market cuenta ya con más de 1.200 vendedores de toda España que ofrecen, a través de siete categorías (alimentación, bebidas, artesanía, moda, salud y belleza, hogar y tecnología), más de 15.000 referencias de productos de calidad de empresas españolas, que cualquier persona puede adquirir y recibir en su casa a través de Correos.